
Compostaxe
Convertemos os teus restos de comida e de horta nun magnífico fertilizante para as túas plantas.
Como participar
Se tes unha vivenda con finca maior de 50 m² podes solicitar un composteiro para xestionar os teus residuos orgánicos (restos de comida e residuos da horta ou do xardín) e obter así compost para as túas plantas ou árbores. O modelo repartido é un composteiro de 340 litros.
Estaremos repartindo composteiros polas parroquias á veciñanza interesada nas Charlas Formativas de Compostaxe que imparte a Mestra Composteira nos centros culturais e veciñais de cada parroquia.


Guía rápida

Solicitude
Formulario de mostra: a versión final conectarase co xestor de solicitudes do servizo.

Teléfono gratuíto
Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.
Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

