Caixa de punto limpo móbil con compartimentos por tipo de residuo

Puntos limpos

Puntos limpos móbiles e de proximidade

Achegamos a recollida separada de residuos especiais a todos os lugares do concello.

Que son

Catro puntos móbiles e un punto de proximidade

O Concello de Ponteareas pon á disposición da veciñanza 4 puntos limpos móbiles e 1 punto de proximidade. Son caixas con compartimentos para botar de xeito separado residuos que non podes depositar nos contedores habituais da rúa.

Os residuos que deixas nestas caixas lévanse ao Punto Limpo Fixo, onde se almacenan clasificados por tipoloxías á espera de que o xestor autorizado os recolla para o seu tratamento e aproveitamento.

O punto de proximidade atópase permanentemente na Rúa Rogelio Groba Groba, ao lado do edificio do Concello, e admite os mesmos residuos que as caixas dos puntos móbiles.

Furgoneta do punto limpo móbil aberta nunha praza

Calendario

Rotación por parroquias

Cada caixa colócase o luns indicado e retírase o domingo seguinte.

Xaneiro · Marzo · Maio · Xullo · Setembro · Novembro

ParroquiasSemana
Paredes · Padróns · Fozara1º luns
Xinzo · Arnoso · Guláns2º luns
Ribadetea · Prado · Pías3º luns
Cristiñade · Moreira · Nogueira4º luns

Febreiro · Abril · Xuño · Agosto · Outubro · Decembro

ParroquiasSemana
Areas · Canedo · A Freixa1º luns
Bugarín · San Lourenzo de Oliveira · Arcos2º luns
San Mateo de Oliveira · Fontenla · Angoares3º luns
Cumiar · Guillade · Oliveira-Celeiros4º luns

* As parroquias son as definitivas; os lugares exactos de colocación e a rotación do punto móbil do núcleo urbano publicaranse en canto o concello os confirme.

Punto limpo móbil instalado nunha praza parroquial

Residuos admitidos

Que podes botar nas caixas

  • Aceite vexetal
  • Téxtiles e calzado
  • Pequena informática
  • Pequenos electrodomésticos
  • Pequena chatarra
  • Fluorescentes e residuos con mercurio
  • Lámpadas LED
  • Aerosois baleiros
  • Pilas e baterías
  • CD e DVD
  • Cartuchos de tinta e tóners
  • Envases baleiros de perigosos (non fitosanitarios)
  • Cápsulas de café
  • Xoguetes e plásticos ríxidos
  • Trapos contaminados
Lembra que está prohibido deixar residuos fóra da caixa do punto limpo móbil ou depositar residuos non admitidos. Deposita con coidado os fluorescentes para que non rompan.
Caixas de recollida con pilas, pequenos aparellos e aceite usado

Teléfono gratuíto

Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.

900 84 14 84

Estamos ao outro lado do teléfono

Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

Concello de PonteareasFCC Medio Ambiente