Camión de recollida de cartón comercial nunha rúa comercial de Ponteareas

Recollida de residuos

Recollidas especiais

Cartón comercial porta a porta, mercados, mercado municipal e Festa do Corpus.

Comercio e hostalería

Recollida de cartón comercial porta a porta

O Concello ofrece aos establecementos comerciais e hostaleiros un servizo de recollida de cartón comercial porta a porta para non colapsar os contedores da rúa, de uso exclusivamente doméstico.

Co novo servizo Pontelimpa aumentamos as frecuencias de recollida de 3 a 6 días por semana. O horario para depositar o cartón comercial é entre as 19:00 e as 21:00 horas, de luns a sábado. É moi importante respectar este horario: as rutas dos camións están fixadas e, se non se respecta, o cartón pode quedar sen recoller, afectando ao tránsito polas beirarrúas e á imaxe do comercio e do concello.

Zona do establecementoComo debes depositar o cartón
Núcleo central urbano (Avda. Constitución, Praza Maior, Praza Igrexa, R/ Severiano Soutullo desde o Concello ata R/ Senén Canido, R/ Esperanza, R/ Oriente e contorna do Auditorio)Na porta do teu local, totalmente dobrado e ocupando o menor espazo posible. Xa non se pode depositar ao lado do contedor máis próximo.
Zona periférica ao núcleo central urbanoApoiado contra o contedor de papel/cartón máis próximo ao local, totalmente pregado e ocupando o menor espazo posible.
Se es un comercio ou establecemento de hostalería e aínda non estás adherido a este servizo, podes solicitalo no teléfono gratuíto 900 84 14 84.

* As cartas informativas a comerciantes do núcleo central e da periferia publicaranse aquí tras a aprobación do concello.

Cartón comercial pregado e atado á porta dun comercio

Mercados

Mercados semanais ao aire libre

Os mercados semanais dos sábados e os mercados dos días 14 de cada mes contan cunha recollida especial de residuos. Ubícanse na contorna da Praza do Auditorio Reveriano Soutullo, a Praza Maior, a Praza de Bugallal, a Rúa Morales Hidalgo e a Avenida Constitución.

En todas estas zonas, antes de que comece o mercado, instálanse contedores de todas as fraccións para realizar unha recollida separada. Ao finalizar, retíranse os contedores e límpase a zona. Os residuos transpórtanse ao Punto Limpo do concello, onde se depositan no seu colector específico para o traslado posterior ao xestor autorizado.

Con campañas informativas trasladarase ás persoas responsables dos postos a necesidade dunha correcta separación e da prevención na xeración de residuos.

Postos de froita e verdura nun mercado semanal ao aire libre

Mercado municipal

Recollida de residuos Sandach

Pontelimpa ten un servizo de recollida de residuos Sandach nos postos do Mercado Municipal: residuos animais de carne e ósos, peixe, ovos, restos de charcutería e lácteos sólidos.

Con estes residuos fabrícanse pensos animais, fariñas animais, biocarburantes e lubricantes, dándolles unha segunda vida.

Interior do mercado municipal con postos de peixe e carne

Corpus

Recollidas na Festa do Corpus

O Corpus Christi, Festa de Interese Turístico Internacional, provoca unha grande afluencia de visitantes e un aumento da actividade económica na restauración e no aloxamento, o que obriga a adaptar temporalmente os servizos de limpeza e recollida.

A elaboración da alfombra floral obriga a xestionar os residuos derivados dela e a limpeza posterior do chan. As persoas que fabrican a alfombra reciben contedores extra para botar a fracción vexetal, cunha colaboración veciñal extra nesta xestión.

Nos días previos é clave non botar plásticos nin metais nestes contedores: eses impropios impedirían converter os restos vexetais en compost.

Calquera suxerencia ou idea de mellora na xestión desta festa é benvida no teléfono gratuíto 900 84 14 84, no formulario web ou na App (en construción).
Equipo de limpeza retirando restos florais tras a Festa do Corpus

Teléfono gratuíto

Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.

900 84 14 84

Estamos ao outro lado do teléfono

Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

Concello de PonteareasFCC Medio Ambiente