Contedor marrón de recollida de materia orgánica

Recollida de residuos

Contedor marrón de orgánica

Os residuos orgánicos son un recurso moi valioso para producir compost ou biogás.

Por que

Que consegues botando no contedor marrón

Contribúes a ter un concello económica e ambientalmente máis sostible: o contedor de Resto ten un custo de tratamento moi elevado, polo que só debes botar nel os residuos que non poden ir no amarelo, azul, verde, marrón ou nos puntos limpos.

Avanzamos nos obxectivos das normativas europeas e estatais de obrigado cumprimento e axudas a recuperar un recurso moi valioso, evitando ademais emisións de CO₂ á atmosfera.

Os restos orgánicos recóllense e transpórtanse á Planta de Transferencia do Porriño con destino á Planta Comarcal de Compostaxe de Vilanova de Arousa, onde se mesturan con estruturante (madeira triturada) para elaborar compost, un fertilizante de calidade.

Mans amosando compost maduro obtido dos residuos orgánicos

Tres tipos de contedor

Todos pechados, para evitar impropios

Hai tres tipos de contedores de orgánica e todos están pechados para evitar impropios (residuos que non deben ir neste contedor) que contaminarían a materia orgánica e impedirían elaborar compost. Pechando os contedores garantimos que quen os usa ten a información necesaria para a súa correcta xestión.

OndeComo funcionaComo acceder
No núcleo urbanoContedores marróns pechados nas rúas do núcleo urbano.Solicita a tarxeta de apertura de tapa no 900 84 14 84 ou no formulario.
No centro de cada parroquiaSe non podes poñer un composteiro na túa finca, tes un contedor marrón en cada parroquia.Solicita a tarxeta de apertura no 900 84 14 84 ou no formulario.
No centro urbano «Quita e Pon»Pequenos contedores de todas as fraccións que se colocan ás 18:30 h e se retiran de mañá.Solicita a chave do contedor marrón no 900 84 14 84.
Consulta o detalle do programa na páxina de «Quita e Pon».
Tres contedores pechados de tapa marrón para a fracción orgánica

Guía rápida

Que botar e que non botar

Si podes botar

  • · Restos de comida e de plantas pequenas (verduras, carnes, peixe, ósos, espiñas, ovos e cascas, pan, pastas, arroces, lácteos…)
  • · Bolsas de infusión de papel
  • · Restos de café
  • · Tapóns de cortiza e escarvadentes
  • · Cascas de froitos secos
  • · Servilletas de papel e papel de cociña
  • · Bolsas e envases compostables

Non botes

  • · Cápsulas de café
  • · Bolsas de infusión de poliéster
  • · Tapóns de plástico
  • · Calquera residuo que conteña plástico

* O folleto de recollida da fracción orgánica está en elaboración e publicarase nesta páxina.

Cubo de cociña con restos de froita, verdura e casca de ovo

Solicitudes

Pide a túa tarxeta de apertura

Solicitude para domicilios

Para vivendas do concello de Ponteareas que pagan a taxa do lixo.

Solicitar tarxetaou chama ao 900 84 14 84

Formulario de mostra: a versión final conectarase co xestor de solicitudes do servizo.

Solicitude para local comercial ou hostaleiro

Solicitar tarxetaou chama ao 900 84 14 84

Formulario de mostra: a versión final conectarase co xestor de solicitudes do servizo.

Man achegando a tarxeta de apertura ao lector do contedor marrón

Teléfono gratuíto

Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.

900 84 14 84

Estamos ao outro lado do teléfono

Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

Concello de PonteareasFCC Medio Ambiente