Contedores e caixas do punto limpo fixo de Ponteareas

Puntos limpos

Punto limpo fixo

Centro para a recollida selectiva de residuos domésticos que precisan unha xestión específica.

Como funciona

Antes de vir, ten en conta

O punto limpo recolle exclusivamente residuos de orixe doméstica de vivendas do concello de Ponteareas que paguen a taxa do lixo. Os residuos procedentes de actividade industrial ou comercial deben entregarse ás empresas xestoras autorizadas correspondentes.

Unha vez no centro, cada persoa usuaria deberá identificarse co DNI e, antes de depositar os residuos, declarar no posto de control o contido que quere entregar. Segundo a carga declarada, a persoa que recepciona decidirá aceptar ou rexeitar a entrega seguindo os criterios do regulamento. En todo momento hai que seguir as indicacións do persoal.

Hai residuos suxeitos a cantidades máximas. Se tes dúbidas, consulta no teléfono gratuíto 900 84 14 84.
Entrada do punto limpo fixo con caseta de control e colectores

Residuos

Que podes e que non podes traer

Residuos admitidos

  • · Madeira
  • · Mobles e trebellos
  • · Colchóns
  • · Metais
  • · Téxtil e calzado
  • · Cartón
  • · Vidro plano
  • · Plásticos ríxidos e PVC
  • · Xoguetes
  • · Aparellos eléctricos, electrónicos e electrodomésticos
  • · Fluorescentes e lámpadas LED
  • · Envases de plástico, metal, cartón e vidro
  • · Envases baleiros de sustancias perigosas (non fitosanitarios)
  • · Disolventes e pinturas
  • · Filtros de aceite e de combustible
  • · Aceites vexetais e minerais
  • · Trapos contaminados
  • · Pilas e baterías
  • · Cartuchos de tinta e tóners
  • · Restos de poda
  • · Aerosois
  • · Radiografías
  • · Escombros en cantidades pequenas, sen metais nin tubos
  • · Neumáticos

Residuos non admitidos

  • · Residuos doutro concello
  • · Residuos de actividades industriais ou comerciais
  • · Residuos sen clasificar ou identificar
  • · Residuos de actividades mineiras ou extractivas
  • · Animais mortos
  • · Residuos sanitarios e medicamentos
  • · Residuos explosivos, inflamables ou radioactivos
  • · Produtos procedentes de decomisos
  • · Residuos con amianto
  • · Residuos agrícolas, gandeiros e fitosanitarios
Zona de colectores do punto limpo con operario axudando a unha persoa

Aula Ambiental

Que facemos cos residuos que depositas?

Proximamente explicarémoscho na Aula Ambiental do Punto Limpo. Podes visitala cando deixes os teus residuos e, se es un centro educativo ou un colectivo, solicita unha visita no 900 84 14 84.

Se cres que o residuo que deixas pode ter unha 2ª vida, ponte en contacto co Departamento de Reutilización ou pregunta ao persoal do punto limpo cando fagas a entrega.

  • Recuperamos materiais para a fabricación de novos obxectos
  • Evitamos contaminacións por sustancias perigosas para o medio ambiente
  • Punto de intercambio de obxectos reutilizables no propio punto limpo
Visita guiada na aula ambiental con mostras de residuos

Teléfono gratuíto

Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.

900 84 14 84

Estamos ao outro lado do teléfono

Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

Concello de PonteareasFCC Medio Ambiente