Contedores de recollida separada nunha rúa de Ponteareas

Recollida de residuos

Contedores e separación correcta

Todas as fraccións, máis preto de ti, cunha nova contenerización en todo o concello.

Por que separar

Separar ben é máis cómodo, máis barato e obrigatorio

Pontelimpa quere ofrecer á cidadanía un servizo máis cómodo, accesible e estético para unha correcta separación de todos os residuos, achegando todas as fraccións a todos os lugares do concello, tanto no rural como no urbano.

Faremos esforzos comunicativos con materiais gráficos, campañas e charlas formativas, visitas a establecementos que producen grandes cantidades de residuos e abrirase unha Oficina de Atención á Veciñanza para resolver as dúbidas da cidadanía.

Na Aula Ambiental que proximamente se inaugurará no Punto Limpo Fixo, aberta a todo o público, poderás aprender que se fai cos residuos que botas nos contedores.

Modelos de contedores do concello coa rotulación por fracción

* Modelos de contedores do novo servizo. A rotulación definitiva das pegatinas está pendente da aprobación do concello.

Persoa separando os residuos domésticos na casa en bolsas e cubos

Fracción

Resto

Si podes botar

  • · Cueiros, compresas e tampóns
  • · Toalliñas húmidas
  • · Material sanitario doméstico (vendas, algodón, tiritas, gasas…)
  • · Restos de varrer e bolsas de aspiradora
  • · Cabichas de tabaco e cinzas
  • · Excrementos de animais domésticos e as súas areas
  • · Vaixela, copas e porcelana
  • · Roupa con manchas activas ou húmida

Non botes

  • · Residuos que poden ir no amarelo, azul, verde ou marrón
  • · Residuos que deben ir aos puntos limpos

Ten moito coidado coas cabichas e cinzas: cando as botes, fíxate que non estean quentes.

Fracción

Orgánica

Si podes botar

  • · Restos de comida e de plantas pequenas (verduras, carnes, peixe, ósos, espiñas, ovos e cascas, pan, pastas, arroces, produtos lácteos…)
  • · Bolsas de infusión de papel
  • · Restos de café
  • · Tapóns de cortiza e escarvadentes
  • · Cascas de froitos secos
  • · Servilletas de papel e papel de cociña
  • · Bolsas e envases compostables

Non botes

  • · Cápsulas de café
  • · Bolsas de infusión de poliéster (van no Resto)
  • · Tapóns de plástico
  • · Bolsas compostables nos composteiros domésticos

Non botes nada que conteña plásticos: os residuos deixarían de valer para facer compost.

Fracción

Envases

Si podes botar

  • · Envases de plástico
  • · Latas de conservas e bebidas
  • · Tapas de metal de botes
  • · Tetrabricks
  • · Papel de aluminio e film plástico
  • · Bolsas de plástico

Non botes

  • · Obxectos de plástico que non son envases
  • · Xoguetes e plásticos ríxidos (punto limpo)

Comprime os envases para que ocupen o menor espazo posible e fíxate que teñan o símbolo de envase: se non o teñen, supoñen un custo engadido para o concello.

Fracción

Papel / cartón

Si podes botar

  • · Papel e cartón limpo
  • · Xornais e revistas
  • · Envases de cartón
  • · Bolsas de papel

Non botes

  • · Tetrabricks (teñen plástico e aluminio)
  • · Papel sucio ou con restos de comida

Dobra ben as caixas para que ocupen o menor volume posible.

Fracción

Vidro

Si podes botar

  • · Botellas sen corchos nin tapóns
  • · Botes de alimentos sen tapas

Non botes

  • · Cristal plano e espellos
  • · Copas, vaixela ou porcelana

Estes residuos non se reciclan do mesmo xeito que o vidro de envase.

Fracción

Aceite doméstico

Si podes botar

  • · Aceite de cociña de orixe doméstica en botella plástica pechada

Non botes

  • · Aceites minerais ou industriais (punto limpo)

O teu aceite usado serve para elaborar biodiésel, lubricantes, pensos ou deterxentes.

Fracción

Téxtil

Si podes botar

  • · Roupa usada e roupa rota
  • · Calzado unido polos cordóns ou desparellado
  • · Bolsos e bolsas de tea
  • · Gorros, roupa interior e calcetíns
  • · Sabas, toallas, manteis, cortinas e mantas

Non botes

  • · Roupa húmida
  • · Roupa con manchas activas

A roupa húmida ou manchada pode estropear o resto de roupa e fibras en bo estado.

Lembra

O contedor de Resto é o máis caro

Só debes botar no Resto os residuos que non poden ir no contedor amarelo, azul, verde, marrón ou nos puntos limpos. Canto mellor separas, menos custa o servizo e máis materiais recuperamos.
Fila de contedores de rúa con tapas de distintas cores

Teléfono gratuíto

Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.

900 84 14 84

Estamos ao outro lado do teléfono

Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

Concello de PonteareasFCC Medio Ambiente