
Recollida de residuos
Recuperamos materiais para novos obxectos, damos unha 2ª vida aos teus residuos e facemos compost cos restos de poda.
Voluminosos
As persoas que desexen desprenderse de mobles, aparellos e outros residuos grandes cuxa recollida non sexa obxecto de recollida separada segundo a ordenanza municipal deberán:
Este servizo recolle exclusivamente residuos grandes de orixe doméstica da veciñanza que paga a taxa do lixo no Concello de Ponteareas. Os residuos procedentes de actividade industrial ou comercial deben entregarse ás empresas xestoras autorizadas.

Que facemos con eles
Os voluminosos retirados transpórtanse ao Punto Limpo Fixo, onde se clasifican e se almacenan por tipoloxías de materiais ata que o xestor autorizado os recolle e os leva a tratamento para o aproveitamento dos materiais.
Se pensas que o teu residuo pode ter unha 2ª vida, ponte en contacto co Departamento de Reutilización e buscamos unha nova persoa para darlle vida.
Formulario de mostra: a versión final conectarase co xestor de solicitudes do servizo.

Podas
O Concello ofrece unha recollida de podas a demanda nos domicilios con cita previa no teléfono gratuíto 900 84 14 84 ou enchendo o formulario: indicarémosche como e cando debes depositar os teus restos. O servizo está suxeito a un número de recollidas e a cantidades máximas.
As podas lévanse ao Punto Limpo Fixo, onde unha biotrituradora as converte en biotriturado que se usa como estruturante da materia orgánica no Centro de Compostaxe Comunitaria do Parque da Perillana, para obter compost que se reparte á veciñanza. O que sobra entrégase a Ecocelta, que o emprega nas súas pilas de compost; ese compost volve ao concello para usalo en parques e xardíns, pechando o círculo de residuo a recurso.
Formulario de mostra: a versión final conectarase co xestor de solicitudes do servizo.

Teléfono gratuíto
Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.
Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

