Operario de limpeza varrendo unha rúa do centro de Ponteareas

Servizos

Limpeza viaria

Un servizo de limpeza que procura o benestar da veciñanza cumprindo coas normativas ambientais e de sostibilidade.

Intro

Que mellora Pontelimpa na limpeza viaria

  • Aumento de persoal e de medios materiais
  • Redución de ruídos e contaminación atmosférica con equipos e vehículos eléctricos ou de baixas emisións
  • Incremento das frecuencias de limpeza en zonas e días críticos
  • Incremento de limpeza e desbroces na zona rural e periférica do núcleo urbano
  • Reposición e aumento de papeleiras e sanecáns
  • Reforzos nas limpezas puntuais: festas, fenómenos meteorolóxicos, sumidoiros e imbornais
Solicitamos a colaboración da veciñanza para manter un grao de limpeza óptimo no concello. Podes comunicar incidencias e suxerencias no teléfono gratuíto, no formulario da web ou na App (en construción).
Operario de limpeza varrendo unha rúa empedrada de Ponteareas

Como traballamos

Tipos de limpeza

Tipo de limpezaEn que consiste
Varrido manualEquipos a pé en rúas, prazas e zonas peonís do núcleo urbano.
Varrido mecánicoVarredoras de baixas emisións en viais e itinerarios amplos.
BaldeoAuga a presión para pavimentos, prazas e zonas de maior afluencia.
Rural e periféricaLimpeza e desbroces nas parroquias e na contorna do núcleo.
Limpezas puntuaisMercados, festas, Corpus, fenómenos meteorolóxicos (incluída neve) e urxencias.

O servizo conta cun equipo humano ampliado e con novos medios materiais: vehículos e equipos eléctricos ou de baixas emisións que reducen o ruído e as emisións na vila.

Barredora mecánica e baldeo con auga nunha rúa do casco urbano

Equipamento urbano

Papeleiras e sanecáns

Repoñemos e aumentamos o número de papeleiras e sanecáns, cun cambio de modelo e con frecuencias de baleirado e limpeza reforzadas nas zonas de maior uso.

Papeleira urbana e sanecán instalados nunha beirarrúa

Servizos específicos

Mercados, parques e áreas recreativas

Mercados ao aire libre. Os mercados semanais dos sábados e os mercados do día 14 de cada mes contan cunha recollida especial de residuos na contorna da Praza do Auditorio Reveriano Soutullo, a Praza Maior, a Praza de Bugallal, a Rúa Morales Hidalgo e a Avenida Constitución. Antes de comezar instálanse contedores de todas as fraccións e, ao finalizar, retíranse os contedores e límpase a zona.

Parques, xardíns e áreas recreativas naturais. Mantemento e limpeza de camiños, zonas verdes e áreas recreativas como A Freixa.

Equipo de limpeza a traballar nun parque e zona de xogos

Corpus

Un servizo adaptado á Festa do Corpus

O Corpus Christi, Festa de Interese Turístico Internacional, provoca unha grande afluencia de visitantes e un aumento da actividade económica na restauración e no aloxamento. Estas circunstancias obrigan a adaptar temporalmente os servizos de limpeza.

A elaboración da alfombra floral obriga a xestionar os residuos que dela se derivan e a limpeza posterior do chan. As persoas que fabrican a alfombra reciben contedores extra para a fracción vexetal, cunha colaboración veciñal da que nos sentimos orgullosos.

Nos días previos é fundamental non botar plásticos nin metais nestes contedores: eses impropios impiden converter os restos vexetais en compost.

Rúa alfombrada de flores durante a Festa do Corpus

Tamén facemos

Retirada de pintadas e limpezas puntuais

  • Retirada de pintadas, cartaces, adhesivos e chicles
  • Limpeza de manchas de aceites
  • Limpeza de espazos con eventos e festas
  • Retirada da vía pública de residuos abandonados e animais mortos
  • Limpeza de sumidoiros e imbornais
  • Limpezas derivadas de fenómenos meteorolóxicos, incluída a neve
  • Limpezas por calquera causa de urxencia
Operario retirando pintadas dun muro de granito con auga a presión

Teléfono gratuíto

Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.

900 84 14 84

Estamos ao outro lado do teléfono

Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

Concello de PonteareasFCC Medio Ambiente