
Compostaxe
Centro de Compostaxe Comunitaria do Parque da Perillana, xunto á biblioteca municipal.
Que é
Nos Centros de Compostaxe Comunitaria xestionamos os residuos orgánicos da veciñanza da contorna que solicite o seu uso. Tamén poden solicitar a adhesión os locais de hostalería e comercios próximos que teñan residuos orgánicos.
O mantemento destes centros é xestionado por persoal especializado en compostaxe, que se encarga do correcto funcionamento, do reparto de compost ás persoas usuarias e da xestión de novas solicitudes.

Como fago

Adhesión
Ao formalizar a adhesión recibes un caldeiro de separación e un folleto informativo.
Formulario de mostra: a versión final conectarase co xestor de solicitudes do servizo.

Teléfono gratuíto
Para acceder a todos os servizos de PONTELIMPA e para trasladar suxerencias, consultas, ideas de mellora e incidencias.
Chámanos de balde para calquera servizo, incidencia, consulta ou suxerencia.

